Rap metal | |
---|---|
Orixe musical | metal alternativo[1][2], hip hop, heavy metal |
Orixe cultural | Finais dos anos 1980 nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | voz rapeada, guitarra eléctrica, baixo, batería, sampler, mesa de mesturas. |
O rap metal é un subxénero do metal alternativo que combina elementos do hip hop con outros do heavy metal. Adoita consistir en riffs de guitarra típicos do heavy metal, elementos do funk metal, voces rapeadas e en ocasións mesas de mesturas.[2] O xénero comezou a popularizarse a finais dos anos 1980 cando Anthrax publicou o seu EP I'm the Man que incorporaba elementos de hip hop na súa música,[3] e cando se uniron posteriormente ao grupo Public Enemy para facer unha nova versión do tema "Bring the Noise" que fusionou o hip hop co thrash metal.[4] Algúns dos grupos máis destacados deste xénero son Rage Against the Machine,[5] Biohazard,[6] Limp Bizkit[7] e Skindred.[8]